A IX edición do concurso Quero Cantar que convoca a área de Cultura da Deputación da Courña para promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical entre a rapazada e a mocidade está estes días en datas claves. Ata o 25 de marzo está aberto o prazo para a presentación de maquetas musicais que se queiran presentar.
Poderán participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, en calquera das dúas categorías a concurso: infantil (ata 12 anos) e xuvenil (de 13 a 16 anos).

Entra aquí se queres consultar toda a información e bases para participar.



