Ata o 11 de febreiro, podes presentar a túa obra ao Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado que convoca o Concello da Estrada xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Poderanse presentar todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia. O prazo de admisión de orixinais rematará o 11 de febreiro. A persoa gañadora obterá un premio de 4.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia.