Abe Rábade, MBM Trío e Daniel García Trío no festival Butaca de Jazz de Afundación

Afundación presenta a sétima edición do festival Butaca de Jazz nun encontro no que participaron os músicos Abe Rábade, MBM Trío e Daniel García; Inés Portela, de Mada Producións; o presidente do Banco de Alimentos Rías Altas, Manuel Mora; e a coordinadora da Sede Afundación da Coruña, Beatriz Aler.

O festival celebrarase no Auditorio da Sede Afundación da Coruña e conta cun cartel conformado por Abe Rábade, que actuará o sábado 14 de novembro; MBM Trío, que estará o sábado 21 de novembro; e pechará o ciclo Daniel García Trío o día 28 de novembro.

Esta nova edición volve estar incluída no programa ‘Cultura por alimentos’ de Afundación, polo que a recadación das entradas será doada ao Banco de Alimentos da provincia da Coruña. Os asistentes tamén poderán doar alimentos non perecedoiros no acceso aos concertos. As entradas están á venda en Ataquilla.com, tanto de xeito individual para cada recital como un abono para as tres propostas cun 20% de desconto.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego