A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia reuniu este mércores pola mañá na Cidade da Cultura, en Santiago, a máis dunha trinta de representantes de fundacións e entidades culturais galegas, para dar o pistoletazo de saída á preparación dos eventos de conmemoración do Ano Oteriano, declarado así este 2026 para render homenaxe a este autor, político, xeógrafo, escritor, coincidindo con que este ano se cumpre o 50 aniversario da súa morte e o 100 aniversario da publicación da súa obra ‘Guía de Galicia’.
Falamos co conselleiro de Cultura, José López Campos, e co presidente da Fundación Otero Pedrayo, Xosé Eduardo López Pereira, ao comezo da reunión.



