O Día da Auga celébrase o 22 de marzo cada ano co obxectivo de difundir a importancia da auga e das funcións ambientais e os servizos ecosistémicos que proporciona, incluíndo a súa importancia socioeconómica. Neste marco, a Universidade de Vigo lanza esta primeira edición do concurso de microrrelatos ‘Auga=Vida: Doce, Limpa e Potable” no marco do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), “Ciencia de ida e volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O certame dispón de tres categorías dirixidas ao alumnado escolas de 5º e 6º de primaria, a ESO e Bacharelato. Poderánse enviar até o 1 de abril enviando o texto e os datos a ucc@uvigo.gal baixo o asunto: “Participación no concurso escolar de microrrelatos” e a categoría. O concurso contará con tres premios (valorados en 250 euros cada un), e consistirán nunha experiencia lúdica relacionada coa agua.
Podcast
Dende o 22 de marzo, publicaranse unha serie de podcast protagonizados por expertos en diversas áreas, dende dereito ata a ecoloxía, pasando polo turismo, a física, o termalismo ou a ciencia dos chans. A través destas conversas, búscase explorar a importancia vital da auga doce e a súa preservación para o futuro do noso planeta.