‘A todo Risco‘ é o espectáculo de Avelino González, que se desenvolverá hoxe ás 13 horas, no Edificio de Ferro do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo. Trátase dun dos eventos que conforman a conmemoración do 140 aniversario de nacemento de Vicente Risco.
Desde a Fundación Vicente Risco, creada co pulo do seu fillo Antón, tratan de dar a coñecer e manter viva a súa obra cada día, mais esta efeméride serve de pretexto para facer un punto e seguido e enchelo de actividades que terán o seu momento central no mes de setembro do seu natalicio.
Desde a Fundación convidan a consultar o noso catálogo dispoñíbel na web, a seguir nas redes e visitar a súa casa de Allariz, onde encontraredes obras de arte, poderedes mergullarvos no mundo d’O Porco de pé, coñecer o piano de dona María del Carmen Fernández Gómez, o despacho de don Vicente ou calquera das exposicións temporais.