A sociedade non queda de brazos cruzados ante os ataques a lingua galega. Nestes anos xorden importantes iniciativas na sociedade civil como son a creación das Escolas de Ensino en Galego Semente e a aprobación do Parlamento Galego, por unanimidade, da iniciativa lexislativa popular Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, referendada por máis de 17.000 sinaturas.