A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) advirte do valor arqueolóxico e natural do illote do Areoso, situado na ría de Arousa, e da necesidade de garantir a súa protección. Neste sentido, o presidente da SGHN chama a realizar un “achegamento respectuoso” ao illote respectando as limitacións marcadas polo Concello da Illa de Arousa, a quen pertence.
Precisamente, nos últimos días o Concello da Illa instaba á Xunta a adoptar unha maior involucración na protección do Aeroso. Entre as medidas solicitadas figuran a prohibición do desembarco de persoas no illote sen autorización de Medio Ambiente, o control da ancoraxe de embarcacións, motos de auga e número de visitantes a través dun plan de usos, ademais de asegurar os dereitos que ten a confraría sobre a concesión marisqueira da zona.