A parroquia de Castelo, en Culleredo, vive desde este pasado luns a súa semana grande das festas. O Castelo Conta enche un ano máis o lugar de programación cultural e actividades para todos os públicos, nun exemplo de darlle unha volta á festa.
A semana estase a desenvolver con moita xuntanza e enerxía para celebrar, un ano máis, o gusto de vivir no rural e de tecer comunidade arredor da nosa cultura e tradición.
O Castelo Conta 2026 arrincou este luns, 24 de agosto, cunha programación diversa e pensada para públicos de todas as idades.

Aplicación Móbil do Festival
Para estar ao día de todo e non perder detalle, o Castelo Conta actualizou a súa aplicación móbil, dispoñible para iOS e Android. A través dela, poderás consultar a programación organizada en días e horas, acceder a unha biblioteca de contidos e coñecer todos os lugares da parroquia no mapa. O máis importante, a app conta con notificacións en tempo real coas novidades do festival. Non te perdas nada!
Accesos e aparcadoiros no monte Xalo
Ao chegar a Castelo, tanto no camiño como xa na parroquia, atoparás sinalizado o camiño cara os aparcadoiros habilitados. Ademais, haberá persoas voluntarias que estarán indicando e organizando a chegada dos coches.
A programación fixa da semana
De luns a venres, a programación recupera tres clásicos que xa forman parte da identidade do festival:
Polas mañás, actividades para cativas e cativos en Xente Miúda, de 10.00 a 14.00h
Vermús na taberna, unha cita xa imprescindible que mestura música e gastronomía en Casa Rodríguez, de 14.00 a 16.00h
Contos de Castelo, o bloque das tardes están reservados para a conversa, de 18.30 a 20.00h
Polas noites, chegarán os Seráns do Castelo Conta, para encher a parroquia de ritmo cunha ampla programación de concertos e artes escénicas en diferentes escenarios.
4. Os horarios de Casa Rodríguez
A taberna do Castelo Conta abrirá todos os días de 10.00 a 22.00h, renovándose como un dos principais escenarios do festival, con propostas culturais e gastronómicas ao longo de toda a semana.



