O dicionario da Real Academia Galega (RAG) medra coa evolución popular da lingua. As persoas que integran o Seminario de Lexicografía da RAG encargánse de realizar este traballo de revisión constante da lingua que, neste 2023, dá como froitos a engádega de 400 novos termos. Entre as novas palabras atopamos algunhas que xa son de uso corrente na lingua ou que responden a novas realidades mentres que outras incorporacións refírense á inclusión de novas acepcións para termos que xa contaban cunha entrada do Dicionario.
Deste xeito, a última actualización inclúe termos como o “idadismo“, “trans” e “cis“, formas abreviadas de cisxénero e transxénero, que xa contaban con cadansúa entrada; e tamén se engade “deporte electrónico” que nomea a competición de videoxogos entre dous ou máis persoas. A crecente preocupación polo cambio climático está tamén coa entrada da voz “antropoceno” e das locucións “quecemento global” e “efecto invernadoiro” tal e como a propia entidade comunicou.
Ademais, a RAG tamén comunicou a futura incorporación de “percebeiro” ao Dicionario, tras das solicitudes feitas polo sector desta actividade e canalizadas a través do Concello de Muxía.