Hoxe arrinca a quinta edición de MARÉ, festival de músicas e artes atlánticas que converterá Compostela no epicentro da diversidade cultural e musical de ambas as dúas beiras do atlántico.
A proposta conxunta de Sumrrá & Niño de Elche inaugurará ás 20.30 horas na Sala Capitol o cartel dunha quinta edición que reúne até o domingo 29 de setembro máis trinta de bandas procedentes dunha decena de países. Voces e ritmos de México, Brasil, Palestina, Estonia, Angola, Portugal, Alemaña ou Arxentina atópanse nun cartel no que tamén concorren proxectos musicais galegos, valencianos, cataláns ou vascos.
MÉRCORES 25 DE SETEMBRO
20.30 h | SALA CAPITOL | Sumrrá & Niño de Eche, precedidos por Su Garrido Pombo
22.30 h | Casa das Crechas | Foliada coa Banda das Crechas + Péter Sélek DJ
00.00 h | Sala Riquela | DJ Panko
XOVES 26 DE SETEMBRO
19.00 h | Teatro Principal | SÉS TRÍO, precedido por Al Ázar
21.30 h | Sala Capitol | Albert Pla & The Surprise Band, precidos por Azul Ferreira
23.30 h | Casa das Crechas | DJ Panko
00.30 h | Sala Riquela | Aluminé Guerrero.