A pita xefa
Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021)
Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!
Sibila e a monstruosa festa do Samaín
Sibila e a monstruosa festa do Samaín é unha historia sobre os medos. Nace, por unha banda, do pánico dunha nai a transmitirlle á súa filla os medos herdados e, pola outra, vén da reflexión sobre a necesidade do medo nas crianzas como mecanismo de protección e de formación da propia personalidade. É, tamén, unha historia dos monstros do ideario popular tradicional cun chisco de humor.