O vindeiro martes 13 de decembro terá lugar na libraría Couceiro, en Compostela, a presentación da obra ‘Moza falangueira procura lingua materna‘ ás sete e media da tarde. A obra de Cays Evans-Corrales, traducida por Pepe Coira e Marta Cuba, edítaa Laiovento. Na presentación participarán o catedrático de Filoloxía Galega, Henrique Monteagudo, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco e Prudencio Viveiro por edicións Laiovento.