#UniversoGalaxia

A noite do lobo
A

Abel Tomé

O antigo soldado e cazador de lobos Lourenço d’Ourantes goza do seu retiro nas terras frías e libres de Luiçiana. Unha mañá de inverno peta na súa porta un mensaxeiro procedente do Condado do Val de Constança cunha tráxica nova: o fillo do Conde apareceu devorado polo ataque dun animal e precisan contratar os seus servizos como cazador. Ambos emprenden un longo e difícil camiño cara ao sur atravesando un territorio cheo de mitos e lendas. Lourenço procurará dar caza ao lobo sen poder deixar atrás unha maldición que o persegue dende a súa estadía como soldado na selva, nun Val de Constança escuro e misterioso, controlado pola Igrexa, e onde non todo é o que parece.

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.