‘A música dos Valladares. Retratos de familia’ chegará ás librarías a finais deste mes

A obra ‘A música dos Valladares. Retratos de familia‘, publicada pola Editorial Galaxia, aborda a traxectoria musical da familia Valladares a través de textos de Pablo Bernárdez e ilustracións de Hortensia Fernández.

Segundo sinala a editorial, esta obra “presenta textos alusivos á biografía dos compoñentes máis destacables desta familia ullá, e cada texto vai asociado a unha peza musical e a unha ilustración”. A publicación fai parte dos diferentes esforzos que se están a dar nos últimos anos por reivindicar o legado sonoro desta familia, que se custodiou durante anos na Casa Grande de Vilancosta, na parroquia de Berres, A Estrada.

O propio Bernárdez, e colaboración con Rubén Servide e Cibrán Seixo, botou a andar en 2021 o Proxecto Valladares para reivindicar o patrimonio musical deste investigador e escritor e mais da súa familia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego