A Mesa lanza un catálogo con centos de propostas de agasallos en galego para este Nadal

Para facilitar a compra de agasallos en galego neste Nadal, A Mesa pola Normalización Lingüística distribúe de xeito gratuíto un catálogo con centos de propostas. Este catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole.

“Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións”, afirma o presidente Marcos Maceira, “non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego