Que é o político na Galiza de 2023? Para dar resposta a esta pregunta, e desde unha perspectiva multidisciplinar, chega a segunda Xornada de Estudo Clara Corbelhe dirixida ás persoas do sector da investigación, da militancia en movementos sociais e políticos, e tamén ao estudantado.
O evento, que terá lugar o 7 de outubro no Pazo da Cultura en Pontevedra, require de inscripción previa cunha cota de 15 euros que inclúe o xantar para as participantes. Esta xornada de estudo reúne a sete relatoras e relatores sobre a mesa a través do seguinte programa: