A Plaza da Tolerancia acolle hoxe a partir das 17.30 horas a II edición do festival “Aquí tamén se fala”, unha iniciativa cultural e de dinamización lingüística promovida polo alumnado e profesorado do IESP Rafael Dieste, aberta á cidadanía e protagonizada por bandas e artistas de música en galego.
Dios Ke Te Crew, Pava, Alana, Ulex e a colaboración especial de Boyanka Kostova, que xa participou na primeira edición, conforman o cartel deste festival con acceso de balde. Este Festival tivo moito éxito o curso pasado no que xuntou a arredor de 5.000 persoas logo dunha alta actividade de dinamización lingüística.
O Dépor é da Coruña
Nos últimos meses, o ‘Aquí tamén se fala’ iniciou unha campaña baixo o lema “O Dépor é da Coruña” para insta ao clube a asumir o topónimo oficial e patrimonial da cidade.