O Eixo Atlántico vén de presentar a súa nova publicación ‘Da Orixes á Unión Europea, Historia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal‘. Trátase dun cómic que percorre ao longo de 100 páxinas a historia de ambos países: dende as primeiras poboacións destes territorios ata a actualidade pasando pola mesma constitución do Eixo Atlántico.
O cómic, cun alto contido didáctico, conta coa dirección e redacción do historiador Víctor Rodríguez ademais dun traballo conxunto na ilustración desempañado por Daniel Docampo, Daniel Correia, Norberto Fernández e Martim Cordovil. Pódese ler e descargar o cómic nos idiomas galego, portugués e español.