‘A grande tranformaçom. As origens políticas e económicas do nosso tempo’, de Karl Polanyi conta con esta nova tradución realizada por Cláudio López Garrido, e publicada por Edicións Laiovento, que será presentada este martes no Espazo Lector Novel de Ourense ás sete da tarde.
‘A grande transformaçom’
O título orixinal desta crítica ao liberalismo económico é ‘The Great Transformation’, publicada en 19444 polo científico social e economista político húngaro Karl Polanyi. A obra aborda as convulsións sociais e políticas producidas na Inglaterra durante o desenvolvemento da economía de mercado e da gran transformación social que se produciu no mundo occidental.