More

    A galega Lúa Mosquetera e a portuguesa Wilma Vieira, premios aRi[t]mar á mellor poesía

    ‘Anorak de pel de caribú’ de Lúa Mosquetera e ‘E se eu fosse eu?’ de Wilma Vieira foron escollidas a mellor poesía do ano no certame aRi[t]mar en Galicia e Portugal respectivamente logo de que o público emitise máis de 5.000 votos. O poema de Mosquetera formou parte da antoloxía ’15 voces da nova poesía galega’ e será publicado nun poemario da autora coa editorial Galaxia.

    As poetas galegas Inma Doval e Teresa Rios foron a segunda e terceira clasificadas  coas súas poesías ‘(couza)’ e ‘Medrei na arela desa pantasma’. En Portugal, a segunda e o terceiro clasificados foron Raquel Serejo Martins, con ‘Comprar un móvel con muitas gavetas’, e Sérgio Godinho, con ‘A cada degrau’.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego