A fuxida
A

Cristina Rey - Baía Edicións

Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023).

A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social, o abuso de poder, a familia ou a amizade. É unha novela de protagonismo feminino que incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes”, ao que engadimos que é unha alegación contra o racismo.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'