#UniversoGalaxia

A fraga do meu avó
A

Mamá cabra

A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala.

Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas, para que os nenos e as nenas sigan gozando de espazos de vida coma este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós.

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.