#UniversoGalaxia

A filla do minotauro
A

Neste libro cóntasenos unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre unha organización clandestina dedicada a salvar obras de arte. Unha novela vibrante que nos deixa sen alento xa dende as primeiras liñas e que, entre outras cousas, nos fará entender que somos, tamén, o noso patrimonio, a historia que nos construíu, o que outras e outros, antes, fixeron por nós.

Unha novela, en definitiva, que as e os seareiros da vizosa obra de Marilar Aleixandre recoñecerán como unha das mellores entre as súas.

Mercar

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.

Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990). Continuou con libros para adolescentes como Nogard (1994) e a novela de aventuras A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez. A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista. En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas. Con A Compañía Clandestina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998). En 2001 publicou Unha presa de terra. Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos. Recibiu o galardón Letra E concedido pola AELG. Na Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, celebrado en setembro de 2010 en Santiago de Compostela, foi nomeada membro do Comité Executivo da organización. A filla do minotauro