A Festa do Queixo de Arzúa volveu superar todas as expectativas nunha fin de semana na que a chuvia non o puxo doado. A organización desta 49 edición da Festa do Queixo calcula que durante os días de festa pasaron pola feira e o campo da festa máis de 20.000 persoas. Isto provocou que moitas das queixarías esgotaran o seu produto horas antes do peche da Festa.
Un dos grandes atractivos da festa concentrábanse nas actuacións musicais. O sábado subiu ao escenario ‘Tu futuro exmujer’ seguido do flamenco posto por La Plazuela. O grupo Arde Bogotá congregou máis de 3.000 persoas que corearon cancións como ‘Los Perros’ ou ‘Exoplaneta’ para celebrar logo os 100 concertos de Grande Amore, no que Nuno Pico, mariagrep e Clara Redondo volveron tomar o escenario.
O domingo colocaron o broche final De Vacas na sesión vermú xunto con Guadi Galego e Fillas de Cassandra xa á tarde. Deste xeito, música e gastronomía únense nunha das festas máis emblemáticas do país.
Concurso de tapas e petiscos
O Café bar Ultreia conseguíu ser o gañador do concurso de tapas e petiscos organizado na festa pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. A tapa ‘Claramente queixo’ foi a que máis puntuación acadou na valoración do xurado.