O concello de Arzúa celebrará o sábado 4 e o domingo 5 de marzo a 48 edición da súa afamada Festa do Queixo, unha festa que se presentará mañá, venres 24, ás 12 horas na Casa de Correos do municipio. A cita inclúe o Festival do Queixo no que actuarán grupos como Muchachito Bombo Infierno, Leilía, We Are Not DJ’s e Moraima xunto con Apart, o grupo de Carballo que gañou o certame Queixo Maquetón.
Ademais, celebrabrase o Pequequeixo todos os días coas actuacións de Brais das Hortas e o show de Martiña Soñadora. E, por suposto, un dos eventos máis agardados da festa: o pregón a cargo do actor Tamar Novas, con raíces no concello de Arzúa.