A Festa do Melindre adozará Melide o 11 e 12 de maio baixo o eslogan ‘Corazón doce’

O Concello de Melide vén de anunciar algunhas das novidades programadas para a 32ª edición da Festa do Melindre e da respostaría tradicional de Melide que se celebrará, como é habitual, a segunda fin de semana de maio contando con actividades previas desde os días 15 e 16 de abril.

Na presetación da festa, participou o alcalde do Concello de Melide, José Manuel Pérez, que anunciou o eslogan deste ano, ‘Corazón doce‘, e algunha novidade destacada desta edición. “Aproveitando que estamos de novo na Coruña, imos levar a cabo este ano accións cos embaixadores da festa na cidade, como repartir melindres e ricos nos seus restaurantes durante os días previos, na primeira semana de maio”, ademais de showcooking, música en directa e produtas da terra con Gorka Rodríguez, chef e propietario da Pulpeira de Melide.

O concelleiro de promoción económica, Xosé Igrexas, desglosou polo miúdo o programa da Festa do Melindre que foi declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2013. “Falar de Melindres, Ricos e Amendoados é falar de gastronomía e de riqueza cultural”, apuntou. Tamén anunciou que este ano a distinción de embaixadores de Melide recaerá no Museo Terra de Melide como “institución onde se garda a nosa memoria histórica e cultural” e tamén na persoa de Paco Veiga, fundador da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

O programa da Festa recolle como actividades como o luns 15 e martes 16 de abril haberá obradoiros de repostería tradicional; o sábado 11 e maio haberá un Obradoiro Infantil de Pintura de Mandís; o domingo 12 de maio haberá contacontos con Soledad Felloza máis un showcooking con concertos en directo con MJ Pérez e Gorka Rodríguez.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego