“É a festa máis importante de todas porque traballas desde abaixo”, sostivo a madriña desta décima edición da Festa das Palabras, a escritora e mestra Charo Gomar que gabou o labor do colectivo Dinamizastrada na organización deste evento cultural celebrado onte, martes 6 de xuño, e no que un total de 62 rapaces e rapazas recolleron os premios correspondentes aos concursos de micropoemas e microrrelatos.
As rapazas e rapaces recolleron o seu agasallo: un libro con portada de Rosa de Cabanas no que se publican todos os textos gañadores acompañados de 14 ilustración realizadas por alumnos do ciclo de Infantil e cun prólogo da propia Charo Gomar.