A Feira de Artesanía Mostrat comeza a súa 38 edición este sábado con máis de 70 artesáns

Dende 1985, a Feira de Artesanía Mostrat celébrase todos os anos na cidade da Coruña. O evento, considerada a feira de artesanía máis importante de Galicia e unha das máis destacadas de España, arrancará este sábado ás doce do mediodía coa presenza de 71 artesáns e artesás nos xardíns de Méndez Núñez.

A Feira, cun horario de visita de 11 a 14 e de 17.30 a 22 horas, estará en pé ata o 28 de agosto. O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Pública Artesanía de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de A Coruña e está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía dende 1983.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego