A exposición sobre os 75 anos de Galaxia estará na Coruña este novembro

A exposición “Crear porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, ideada pola propia editorial con motivo do seu 75 aniversario, pode visitarse na Coruña este novembro. A mostra que percorre a historia de Galaxia inaugurouse este 29 de outubro na Fundación Luís Seoane e permanecerá alí até o 23 de novembro, aberta a todos os públicos.

A exposición inclúe a proxección deste vídeo producido e realizado por Nós Televisión no que diferentes persoas do mundo da cultura galega escollen un libro de todos os publicados por Galaxia e explican o porqué da súa elección. 

 

Para conmemorar este 2025 de aniversario tan especial para a editorial, Nós Televisión tamén produciu e realizou, da man da propia Galaxia, un documental sobre esta institución que pode verse en aberto na nosa canle de youtube e que tedes na cabeceira desta nova e tamén no servizo baixo demanda de Movistar Plus+ en todo o Estado español, ademais de na grella da canle 9 de R TV.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego