A Praza de Galicia do concello da Estrada xa conta coa escultura que reúne á familia Castelao Pereira. A actualmente denominada Praza de Galicia foi un espazo moi importante para o matrimonio que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, xa que foi a referencia espacial do seu casamento. 
IMAXE: Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego
A estatua, obra conxunta dos escultores Acisclo Manzano e Acisclo Novo, non só amosa a Pereira e Castelao senón tamén ao seu fillo, Alfonso Xesús, que morreu sendo aínda un neno, unha perda que marcaría a vida de ambos.
A peza amosa así á familia camiñando xunta, regresando simbolicamente ao lugar onde todo comezou.



