‘Dos meus recordos‘ e ‘Enredos‘, considerados os piares da literatura estradense, foron reeditadas co obxectivo de coidar o legado de Manuel García Barros. A reedación presentouse nun acto na Casa das Letras no que interviron Suso Domínguez, editor de Galaxia; o editor e biógrafo do escritor Manuel García Barros, Carlos Loureiro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e o edil de Cultura do Concello da Estrada, Juan Constenla.
‘Dos meus recordos’
Trátase dunha miscelanea autobiográfica onde Manuel García Barros conta, con humor, retranca, amenidade e, ás veces, certa amargura, “casos” e “cousas” que deixaron fonda pegada na súa memoria, desde o servizo militar en Vigo a finais do século XIX, ata a década de 1960, na súa Pousada de Callobre. Uns “apuntamentos” que fan repaso da súa azarosa vida, desde a suxeitividade da lembranza, que nos achegan o seu máis íntimo pensar.
‘Enredos’
Nestas prosas están presentes os trazos que definen a súa obra literaria: humor costumista, progresismo ideolóxico e amor á terra, á lingua galega e ás xentes que a falan. O libro inclúe un limiar, escrito por Ramón Otero Pedrayo en 1960.