A Estrada celebra a Rosalía cun vídeo institucional no que involucran á xente moza

As alumnas e alumnos das escolas de educación infantil e primaria do Concello da Estrada poñen voz ao tema do grupo local A Banda da Loba tendo como punto de partida o poema rosaliano ‘Pelouro que roda‘, incluído na obra ‘Follas Novas’ e referido ao desexo e ao pracer. Sobre esta peza que evidencia o talento local, foi creado o videoclip institucional co que o Concello da Estrada conmemora o Día de Rosalía.

O videoclip, que está dispoñible na canle de YouTube do Concello da Estrada, xa circula por redes sociais e grupos de WhatsApp para difundir a un tempo a obra de Rosalía e o talento estradense. Este venres, a partir das 20.00 horas, no Centro Cultural Vista Alegre farase un recital que rematará cunha degustación do Caldo de Gloria. No Centro Cultural de Rodeiro hoxe ás 18.30 presentarase o libro Leliña, entregaranse premios e haberá exposición de fotos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego