“Iniciamos un ano que servirá para reforzar o noso compromiso co libro galego, coa nosa lingua e a nosa cultura, manténdonos fieis aos principios que en 1950 puxeron en pé este proxecto”, sostivo o director da Editorial Galaxia, Xosé Soutullo, ante o público que encheu o acto de presentación que tivo lugar a mañá deste venres no Hotel Ciudad de Vigo. Nesta mesma liña, o presidente do Consello de Administración, Antón Vidal Andión, refirmou o compromiso de Galaxia coa cultura e lingia galegas aseverando que permanecen “fieis aos principios fundacionais”.
1950 – 2025, 75 anos de compromiso coa cultura galega
Este ano 2025 coloca esta celebración dos 75 anos de historia da Editorial Galaxia e, por tanto, virá acompañado dunha programa de actividades baixo o lema ‘Crear porvir’. Trátanse de máis de medio cento de iniciativas que promoverán o coñecemento da historia de Galaxia, e por tanto de Galicia, mais tamén alentarán os camiños de futuro.
Un filme documental elaborado por Nós Televisión
Entre as iniciativa presentadas destaca un filme documental que elaborará a propia Nós Televisión contando con voces representativas da historia da Editorial Galaxia e narrando de forma didáctica e divulgativa a importancia deste proxecto para a construción da identidade galega de hoxe en día.
Exposicións
O coñecemento da historia de Galaxia será reforzado con diversas exposicións, a meirande parte de forma itinerante. Deste xeito, a mostra ‘Crear porvir 75ª Aniversario Editorial Galaxia‘ percorrerá os acontecementos literarios máis senlleiros da editorial mostrando tamén aos seus protagonistas. A exposición, comisariada por Henrique Monteagudo, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, viaxará ao longo do ano polas sete cidades.
‘Crear porvir. Os deseños de Galaxia‘ será un percorrido pola evolución do deseño editorial desde 1950 ata a actualidade. A exposición, comisariada por Xurxo Martínez, poderá visitarse a partir de outubro deste 2025 no MARCO de Vigo.
‘Espazos literarios e autores ourensáns en Editorial Galxia 75 anos despois‘ céntrase na influenza de figuras como Ramón Otero Pedrayo e Carlos Casares na historia de Galaxia e itinerará na provincia de Ourense, desde a cidade ata as vilas a partir do mes de maio.
A cultura concebida na súa forma ampla: Foros GRIAL
A concepción de cultura na súa forma máis ampla segue a caracterizar hoxe á Editorial Galaxia que organizará ao longo do ano os ‘Foros GRIAL. Galicia 2050‘ nos que se abordarán temas como economía, ciencia, comunicación e cultura de cara aos vindeiros vinte anos anos.
Grial é o nome da revista que elabora desde o ano 1963 o discurso intelectual da Editorial Galaxia tratándose dunha das revistas culturais pioneiras no Estado. Esta revista, que hoxe en día está dirixida por Henrique Monteagudo, reflicte actualmente esa aposta pola visión ampla da cultura que caracterizou á xeración Galaxia acollendo non só fitos e reflexións literarias senón tamén doutras disciplinas artítiscas, filolóxicas, sociolóxicas, económicas, etc.
Galaxia para a cativada
As nenas e nenos do país disporán de actividades específicas de divulgación do traballo levado a cabo pola Editorial Galaxia. Unha delas é a obra teatral ‘A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica‘, unha adaptación da novela de Carlos Labraña que xirará polos centros escolares entre os meses de marzo de decembro de 2025.
A partir de abril, a cativada tamén poderá dispor do libro asinado por Marcos Calveiro, ‘Unha Galaxia Viguesa‘, onde aborda a identidade de Vigo. A obra conta coa colaboración do Concello de Vigo.
Biblioteca Galaxia 75
A Editorial Galaxia saca peito da súa parte editorial polo que volverá editar unha escola de 10 títulos hsitóricos que marcron un fito na cultura galega. Entre elas, figura unha edición facsimilar das versións manuscritas de ‘Os vellos non deben de namorarse‘ reafirmando o seu compromiso coa figura de Castelao no propio Ano Castelao.
Premios Literarios
Hai dous premios literarios que cobran especial importancia este ano. Un é o creado específicamente para este momento chamado, precisamente, Premio Galaxia de Novela 75 Anos con 25.000 euros de dotación e que se anunciará o 23 de abril, Día do libro.
Completa as novidades con respecto aos galardóns a primeira edición do Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil que conta con 6.000 euros de dotación e que será resolto o 2 de abril.
Con toda esta diversidade de actividades, a Editorial Galaxia pon en valor os ideais que caracterizaron a súa fundación ao tempo que procura trazar un camiño de horizonte que vén dado no lema escollido para esta efeméride, ‘Crear porvir’.