A editorial Galaxia presenta a súa nova sede virtual +Galaxia

Xa está dispoñible e nova Sede Virtual da Editorial Galaxia. Na presentación, que tivo lugar en Compostela, participaron Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; Xosé M. Soutullo, director xeral; Alba Gil, responsable de Innovación; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, e diferentes autoras e autores da casa, como Antón Riveiro Coello, Marilar Aleixandre, Raquel Castro e Xavier Alcalá.

Deste xeito, Galaxia fixo pública a nova plataforma virtual que pon de manifesto o noso compromiso coa dixitalización. Co obxectivo de achegar os nosos contidos a lectoras e lectores, profesorado, autores e persoas interesadas.

Neste evento, que se puido seguir de maneira presencial e telemática, o equipo de Galaxia, coa colaboración de Inova, Teltek, Ultreia e Territorio Web, explicou as principais liñas de acción do proxecto. Unha iniciativa que busca aliñar a oferta editorial, agora de xeito dixital.

As autoras e autores participantes, que xa dispoñen dun espazo propio, falaron sobre o seu proceso creativo, obra publicada e o que supón o oficio da escrita. Dende hoxe, quen o desexe poderá sumar o seu grao de area contando cun sitio na nosa sede.

Esta ferramenta, subvencionada pola Axencia Galega de Innovación, brinda a opción de manter xuntanzas de maneira telemática, acceder a información sobre as nosas exposicións, historia, catálogo histórico, repositorios ou interactuar de maneira directa cos nosos autores.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego