A Central Unitaria de Traballadoras pídelle ao Tribunal Superior de Xustiza que anule a decisión da Delegación do Goberno en Pontevedra que prohibíu “de forma tácita” a manifestación en caravana de coches programada en Vigo para o 1º de maio. Con esta acción, o sindicato coloca no primeiro plano de loita a consolidación do dereito a manifestación que en ningún momento quedou anulado no decreto do estado de alarma.
A CUT inicia un pulso co Goberno polo dereito a manifestación e pide saír en caravana de coches este 1º de maio
Unha equipa de Nós Televisión afonda con dúas integrantes da CUT na importancia desta acción