A cultura galega celebra o 187 aniversario do nacemento de Rosalía

Neste 2024, cúmprense 187 anos do nacecemento da escritora emblema da cultura galega, Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á sociedade que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas. Nesta edición de 2024 Carlos Callón é a persoa encargada da redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 24 de febreiro, a partir das 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Na lectura de poemas rosalianos tamén participarán Francisco Tobar Cereijo (A. C. Solfa), Celsa Astray (Asociación do Traxe Galego), Henrique Alvarellos (Asociación Galega de Editoras), Patricia Porto Paderne (Federación de Librarías de Galicia), Luís Pérez (Alcaldía de Ribeira), María Lago Lestón (Alcaldía de Muros),  Suso de Toro (escritor), Paula Carballeira (escritora) e Beatriz Maceda Abeleira (AELG). Intervirá o coro da Asociación Cultural e Musical Solfa e, ademais, haberá unha ofrenda floral e interpretarase o himno galego.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego