A CTNL chega ás 65 pezas publicadas en liña

A Cordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CNTL) xa ten dispoñibles na rede as seis intervencións que completaron a última edición do encontro LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Os relatorios correspóndense aos de Paco Veiga, Carlos Airas, Magdalena Sánchez, Kiko da Silva, Fran da Lobeira e Neves Rodríguez que, xunto coa música de Xiao Berlai, conformaron a gala que se puido ver no Teatro Principal de Pontevedra o pasado 28 de outubro.

Coa publicación destes vídeos, a CTNL chega ás 65 pezas publicadas en liña con ideas de diferentes personalidades dos ámbitos da cultura e da sociedade do país sobre a nosa lingua.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego