A Costa da Morte entra na Berlinale a través da longametraxe catalá ‘Sica’

O vindeiro mes de febreiro arrancará un dos festivais cinematográficos máis importantes do mundo, a Berlinale, coa estrea do filme ‘Sica’, a longametraxe da catalana Carla Subirana que coloca no centro do filme á Costa da Morte, a súa fala e a súa cultura tan vinculada ao Atlántico.

Á fronte do elenco, a gran protagonista é a cabanesa Thais García Blanco, que debutan na gran pantalla ao igual que Marco Antonio Florido Añón e María Villaverde Ameijeiras. Xunto con elas estará a actriz catalá Núria Prims e o galego Lois Soaxe. ‘Sica’ mostra á xente real da Costa da Morte, falando en galego coa participación da veciñanza da zona.

O filme narra a historia dunha moza de catorce anos cuxo pai afogou nun naufraxio e, obsesionada con recuperar o corpo, vai investigando as circunstancias do accidente e observando con outros ollos aos seu pai e á súa comunidade.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego