O Concello da Coruña vén de solicitar ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática a inclusión da Casa Museo Casares Quiroga no inventario de Lugares de Memoria Democrática, que ten como obxectivo agrupar os lugares nos que se desenvolven feitos de singular relevancia para a memoria democrática.
Así o anunciou o concelleiro de Cultura e Turismo, e responsable da área de Memoria Democrática do goberno local da Coruña, Gonzalo Castro, durante a súa intervención de presentación da mesa redonda ‘75 anos despois. Revisitando a Casares Quiroga. Mito e realidade histórica‘ que se celebrou na propia Casa Museo Casares Quiroga e que servíu para conmemorar o aniversario da morte do político coruñés, que faleceu o 17 de febreiro de 1950 en París.