‘A Coruña no mundo global do s.XXI’, unhas xornadas para definir unha cidade conectada con Europa

As xornadas ‘A Coruña no mundo global do S.XXI’, organizados polo Concello da Coruña e o IGADI, celebraranse o 23, 24 e 25 de novembro, no Centro Universitario de Riazor da Universidade da Coruña en horario de tardes.

A segunda edición das Xornadas “A Coruña no mundo global do S.XXI”, centrarase nas posibilidades da Coruña como cidade global intermedia, en relación coa acción exterior española, galega e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.
Nas Xornadas presentaranse os avances na produción do Mapa de cidade global da Coruña (que será presentado en decembro), definindo as relacións glocais da cidade, desde a historia e desde o plano actual. O mapa aspira a reforzar a información sobre a cidade en linguas internacionais reforzando a súa atractividade territorial, visibilizando axentes económicas, culturais ou institucionais. O obxectivo das actividades do Convenio 2022 entre o Concello da Coruña e o IGADI é posicionar A Coruña como unha capital atlántica europea, moderna e atractiva para o S.XXI. Podes consultar aquí o seu programa. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego