O Auditorio da Domus da Coruña acollerá o vindeiro martes, 1 de decembro, ás 19.30 horas, a presentación de ‘A Coruña fala galego‘, o filme documental realizado por Nós Televisión coa colaboración do Concello da Coruña. A presentación conta con entrada libre e aberta para todos os públicos até completar capacidade con presentación e coloquio coas persoas que participan no documental.
A Coruña fala galego
O filme propón unha viaxe dinámica e sen complexos a través dunha cidade na que máis de 38.000 persoas falan galego día a día. Debullamos unha A Coruña galegofalante co defensa do RC Deportivo, Miguel Loureiro. Entramos no IES Rafael Dieste da man da rapazada do ‘Aquí tamén se fala’. Escoitamos a vangarda musical en galego, con Lucía Aldao ou Nuno Pico. Visitamos tamén as tabernas e A Coruña popular con Xurxo Souto, emblema da cidade. E mesmo entramos nun local de crossfit onde o galego é a lingua predominante. A través de diferentes disciplinas e perspectivas, desmontamos tópicos para descubrir unha Coruña viva, popular e cosmopolita que constrúe o seu futuro en galego.

Participantes no documental
María López Sández (Seminario de Sociolingüística da RAG)
Gonzalo Castro (concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña)
Miguel Loureiro (xogador RC Deportivo)
Alberto Pombo (promotor de ‘Aquí tamén se fala’)
Carlos Seco (representante de Marathón Inferior)
Darío Oliva, Evelyn Miranda e Oli Rivas (integrantes de ‘Aquí tamén se fala’)
Lucía Aldao (poeta e música)
Nuno Pico (músico en Grande Amore)
Juan Rodríguez (libraría Galgo Azul e Caramuxo Teatro)
Olga Kirk (directora artística de Donaire)
Luís Bolón (director artístico de Cántigas da Terra)
Xurxo Souto (músico, escritor e activista)
Pedro Vilariño (taberneiro da Cova Céltica, portavoz da asociación Falando Coruña)
Telmo Celeiro e Iván García (coordinador e adestrador de Ártabros Crossfit)
Pablo Mato e Patrica Molina (persoas usuarias de Ártabross Crossfit)
Equipo técnico
Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey Mirás
Dirección: Ana Viqueira
Fotografía: Pío Cribeiro
Edición: Martín Rodríguez
Cámaras: Roi Barros, Martín Rodríguez e Pío Cribeiro
Deseño e grafismos: Roi Barros




