A cidade da Coruña convértese no epicento do movemento cultural durante este mes de agosto. Logo do pregón de Lionel Scaloni, as festas de María Pita enchen xa de vida a cidade que ten por diante un amplo cartel de actuacións comezando polo desta noite, 2 de agosto, con Víctor Manuel.
A literatura súmase á festa coa Feira do Libro que permanece nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 10 de agosto e polo que se agarda o paso de máis dun cento de autoras e autores. Haberá dous espazos onde se levarán a cabo as actividades e 32 casetas, dúas máis que o ano pasado. Nesta edición participarán un total de 13 librarías da cidade, nove librarías de fóra, nove editoriais e unha distribuidora de libros.
Mentras tanto, o Viñetas desde o Atlántico 2023 quenta motores. O festival do cómic comezará o 7 de agosto e prolongarase ata o día 13 deste mes. O programa completo inclúe visitas guiadas, unha mesa redonda, obradoiros profesionais e infantís, un encontro sectorial e a tradicional Rúa da BD. Da man de Viñetas 2023, Laura Pérez Vernetti e os italianos Teresa Radice e Stefano Turconi visitarán á Coruña para ofrecer unha visita guiada ás súas exposicións, mentres que a mostra ¡Mujercitas del mundo, uníos! contará tamén cun paseo guiado polos seus comisarios.
Pola súa banda, o Teatro Colón acollerá unha mesa redonda coas pioneiras do cómic underground adulto en España, ademais de programar, tamén, a novidosa audioficción da novela gráfica ‘O lume’, de David Rubín, elixida como o mellor cómic español de 2022.
Se non te queres perder nada, podes acceder á información de toda esta actividade cultural a través da páxina do Concello herculino.
Festas María Pita, todo o que se vén!
3 de agosto, 20.30 horas: Locos Coruña: Seguridad Social, Melon Diesel, Rafa Sánchez, Revolver. Artistas invitados: The Refrescos, Miguel Costas, Tennesse, Guaraná e La Poptelera.
4 de agosto, 22.00 horas: Amaia Romero
5 de agosto, 22.00 horas: Vanesa Martín
6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka
7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia
8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys
13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía.