A estrea da longametraxe documental “Rapa“, dirixida por Alejandro Enríquez, encheu este xoves a sala dos Cantones Cines da Coruña coa numerosa presenza dun público que aplaudiu con entusiasmo a ópera prima do director. O filme chega ás salas esta semana con pases nas provincias da Coruña e Pontevedra, para logo continuar a súa xira de proxeccións por todo o país.
Na presentación do filme, o director vigués afincado na Coruña Alejandro Enríquez agradeceu a asistencia ás persoas presentes: “é para min moi importante poder compartir por fin co público e coa xente que colaborou o traballo de máis de 5 anos”. Entre os asistentes estaban varios veciños de Sabucedo que participan no filme, como Paulo Vicente Monteagudo, presidente da Asociación Rapa das Bestas, que é un dos protagonistas do filme.
Tamén acudiron Fernando Ojea, director da área de contidos da Televisión de Galicia, e Severino Álvarez Monteserín, secretario Territorial da Delegación da Xunta na Coruña. O filme inicia este 22 de marzo un percorrido por diferentes salas galegas:
FERROL
Data: 22 de marzo
Hora: 17:30h
Lugar: Duplex Cinema
Coa presenza do director
CEE
Data: 22 de marzo
Hora: 20:00h
Lugar: Cines Xunqueira
A ESTRADA
Data: 23 de marzo
Hora: 11:00h
Lugar: Minicines Central
Coa presenza do director.
O filme estará dispoñible do 22-27 de marzo
SANTIAGO
Datas: 23 de marzo, 21:20h e 25 de marzo, 21:35h
Lugar: Numax
Coa presenza do director
VIGO
Data: 24 de marzo
Hora: 19:30h
Lugar: Cines Tamberlick
Coa presenza do director
CALDAS
Data: 22-26 de marzo
Lugar: Cine Avenida