A Casa Rosalía: a casa de todas

Hoxe, esta casa é símbolo cultural e patrimonio vivo para todas as galegas e galegos

No ano de 1947 constitúese o Patronato Rosalía de Castro co obxectivo de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón; 25 anos despois, no 1972, convértese en Casa Museo.

Achegámonos ata alí para falar con Anxo Angueira, presidente da Fundación, da vixencia da figura de Rosalía, da importancia da súa pegada nas novas xeracións e do fondo documental doado pola familia de Baltar Feijoo.