A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pertenza e o desapego, entre a fidelidade herdada e a liberdade desexada. Finalista do Premio Xerais de Novela, «A Casa Grande» é unha obra poderosa e íntima que mergulla nas contradicións das relacións familiares: fráxiles nas formas, pero persistentes no fondo. Un relato cheo de humor, nostalxia e verdades incómodas, que nos lembra que todos estamos feitos, dalgún xeito, das historias que outros deixaron atrás.
A Casa GrandeA
#EspazoLiterario
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'



