A Casa de Rosalía acolleu a asemblea fundacional da Asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia

A Casa-Museo Rosalía acolleu o pasado venres a asemblea fundacional da Asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia. O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou tamén nesta xuntanza, que reuniu as fundacións Rosalía de Castro, Castelao, Uxío Novoneyra, Eduardo Pondal, Otero Pedrayo, Manuel María, Casa da Troya, Vicente Risco, Plácido Castro e Neira Vilas.

Asistiron tamén representantes das homólogas portuguesas asinantes da “Declaración de Celanova”, como ferramenta de cooperación entre o patrimonio literario lusófono de ambas as dúas beiras do Miño, entre as que destacan fundacións como as de Eça de Queiroz, Camilo Castelo Branco ou Cupertino de Miranda.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego