A Casa Cornide abre por primeira vez as súas portas para visitas públicas

A Casa Cornide abriu esta mañá as súas portas por primeira vez ao público, para unha serie de visitas gratuitas.

O Palacete situado no centro da Coruña, foi declarado Ben de Interese Cultura (BIC) en firme no 2023. Sen embargo, a familia dos Franco leva desde aquela sen cumprir a lei que obriga a que os BIC deben abrir polo menos 4 días ao mes e estar accesibles para aquelas persoas que desexen visitalos.

O Concello da Coruña leva anos pelexando para que a Casa Cornide volve ser de propiedade pública e cursou este 2025 unha petición ao Goberno central para que ademais sexa declarada Lugar de Memoria Democrática, xunto coa Fundación Casares Quiroga e coa península da Torre de Hércules, Campo da Rata e Punta Herminia.

Nós Televisión ten realizado ao longo dos últimos anos varias reportaxes sobre a Casa Cornide. Recuperamos esta do 2020.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego