A Cartabón, unha libraría deitada fronte o mar

Entramos no 125 da rúa Urzaiz de Vigo: a Libraría Cartabón.

A Cartabón é un símbolo no espazo cultural e literario galego que foi quen de resistir desde o ano 1984, entregada ao libro en galego e cunha verdadeira paixón pola profesión de libreiro.

Non é só é unha libraría. Desde hai anos é tamén un lugar de encontro, un dinamizador do mundo literario do país, organizando palestras e coloquios con multitude de autoras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Contra os xigantes do libro que pouco menos que venden literatura ao peso e cos que é difícil competir, Maribel e Gonzalo apostan pola proximidade cos clientes e por un gran fondo de libro en lingua galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -