A Carballeira de Zas celebra os seus 40 anos cunha programación 100% galega e feminina

A Carballeira de Zas celebra este venres e sábado, 8 e 9 de agosto do 2025, a súa 40 edición e farao cunha edición do festival 100% galega e feminina.

Cunha aposta clara polas bandas da terra e polas músicas galegas, a cita arrincará o venres cos concertos da artista Catuxa Salom, gañadora do premio Martín Códax no 2024, na categoría “Músicas do Mundo e Mestizaxe”; Tanxugueiras e Agoraphobia.

sábado, desde primeira hora, a música e a festa serán protagonistas cunha programación para todos os públicos. A xornada comezará coa actuación da banda de música infantil Uxía Lambona, continuando con A Banda da Loba. Non faltará a xa tradicional mexilloada popular de balde, acompañada dunha oferta variada de gastronomía, mercado artesán, zona infantil e sesión vermú para desfrutar en boa compaña.

Pola tarde terá lugar a Gran Foliada da Carballeira, da man de Chorima, Gaiteiras de Xiradela, Pandereteiras de Raigañas, Gaiteiras de Buxantes, As Lerchas e Xela Cantareira. O proxecto musical Carmela pechará a tarde.

Pola noite, os concertos seguirán no escenario Estrella Galicia da man de Caamaño Ameixeiras; Mercedes Peón; SÉS e Señora DJ.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego